Monday 16 de September de 2024

Extraordinario espectáculo cultural en Mera coas Escolas de música e danza


O Parque da Lagoa de Mera acolleu esta mañá unha inmellorable exhibición de creatividade e técnica artística demostrada polas 222 persoas que tomaron parte no concerto da Orquestra Sinfónica Municipal, no que tamén participaron os ballets da Escola Municipal de Danza, o coro da Escola Municipal de Música e o coro La Tremenda Tremolina.

A sesión comezou coa Orquestra de Cordas, dirixida por Jorge Galán, que interpretou The Olympic Spirit, de J. Williams; Alegría, do Cirque Soleil; e It’s Raining men.

Na segunda parte, a Orquestra Sinfónica, dirixida por Nilo García, interpretou temas de “O Rei León”, de Hans Zimmer, con arranxos de Rodrigo Rodríguez.

Un espectáculo participativo e global que prepararon os equipos pedagóxicos de ambas escolas e que dou de si un singular momento de emoción ao ver tantas persoas participar da música e a danza clásicas, complementos de ocio e educativos aos que o Concello lles dá a máxima importancia, fomentando a cultura de base sobre a que convirte a todo o mundo en espectador.